sexta-feira, 21 de setembro de 2007

Poema de Baldo Ramos


escaravellas na néboa apegada ás ruínas
e a mañá responde cun silencio de menta
que percorre o castro Laboreiro

a fronteira sabe das inguas que fermentan no salitre

achega a luz unha pregunta
de algas enfiadas no bagazo da mudez
e responde a man ferida
con números roubados
á palabra impronunciábel


Baldo Ramos (in Cadernos Arraianos, nº 4, Outono de 2005)

Sem comentários: