Arraiano Maior da Raia Seca para o Padre Fontes
O olhar funde-se na paisagem com a consciência clara
de quem nela busca a transparência, a visão submersa,
remota, das coisas que existiram, o puro testemunho do ar
na profundidade.
Ángel Campos Pámpano

O Padre Fontes é un recoñecidísimo persoeiro da raia seca, e foi o promotor da celebración de congresos de medicina popular que se celebran na súa localidade de residencia, onde se fala do divino e do humano.
A xornada de homenaxe está chea de actos programados pola Asociación Arraianos e o Núcleo de Estudos e Pesquisas dos Montes do Laboreiro. Comezamos coa lectura do manifesto no Marco 51 e comezo do roteiro polos montes do Laboreiro, con lectura de poemas en diferentes lugares simbólicos da rota.
Teremos un xantar na mítica Pena de Anamán á maneira arraiana, onde aproveitaremos para afondar na nosa realidade e afondar as raizames de amizade e coñecemento que nos caracteriza aos arraianos dunha e doutra banda desta fronteira imposta.
E xa pola tarde para repousar da enchente de comida, licores e verbas, unha visita guiada a un canil de can do Laboreiro.
A iso das cinco da tarde (hora portuguesa), o Arraiano Maior da Raia Seca nomeado o ano pasado, Xosé Luís Méndez Ferrín fará entrega da guillada ao Padre Fontes, e con este distintivo tan significativo da nosa terra pasará a formar parte dos arraianos distinguidos pola nosa asociación.
Pola noite, para rematar un día cheo de emocións, presentaremos o número VIII da revista Arraianos, adicada nesta ocasión á raia.
Vémonos en Castro Laboreiro.
in: Orballo na Lareira, 31-07-2010
in: Orballo na Lareira, 31-07-2010
Sem comentários:
Enviar um comentário