Durante a guerra civil espanhola, o governo, além de não representar os trabalhadores, defendia interesses decididamente opostos aos deles. Aqueles que deveriam ter ouvido as reivindicações do proletariado e que foram por ele convocados para defender seus interesses de classe, ou seja: os líderes da CNT-FAI foram os primeiros a traí-lo.
As pessoas trabalhavam e morriam de fome. Na fila do pão, as mulheres e a população em geral estavam cheias de ódio de Negrin e seu grupo de aduladores.
Os trabalhadores e suas famílias não tinham pão, mas nos lares e residências do governo e dos chefes do PC comia-se pão branco.
E muitos que lutavam contra o governo fascista eram perseguidos vindo refugiar-se a Castro Laboreiro.
Bieites Fernadez, foi um deles e numa entrevista, que resumi, dada ao jornal “Arraianos” deixa um testemunho fantástico da sua passagem por Castro:
“As 04:45 da madrugada saio de Silvares de Grou (Lobios) na campaña do meu guia. No traxeto ata S. Bieito de Agreixoá falamos do que se lla há de dicer aos carabineiros españois, no caso de termo a má sorte de non poder evitar o atoparnos com eles. Ó chegar a Beirreaus (Entrimo) empeza a clarexar o dia e os paxariños cantan alleos nosos medos. Ouvimos unha voz humana que axiña recoñecemos ser a dun home que vai co gando.
O meu acompañante un home destemido mais ao mesmo tempo prudente, non para de ollar en todas as direccións, a fin de poder descubrir os “ requetés” que fan ganda na fronteira, e ocultarnos ou fuxir, a poder ser felizmente. E a pesares de que vimos moitas pegadas de zapatos e chancas na dirección na que nós íamos e na aposta, non nos encontramos com tan indesexados tipos.
As 08:30 chegamos ás Cainheiras (Castro Laboreiro) despois dunha afortunada viaxe na que o bó tempo foi un factor moi importante. Non ben chegamos, unha mulleriña véu avisarnos que nos ocultasemos onde pudiésemos porque viñan os guardiñas portugueses en dirección a nós; imediatamente botamos a correr de cara a unha corgas onde estivemos ocultos unhas tres horas. Antes de eu sair do meu escondite, onde papei bo frio e bo medo, o meu guia, que é português, foi ver ó pobo se xa desaparedera o perigo. Mentres tanto, sempre tratando de me ocultar, falei cun home que me dixo que non estaba segura de se xa marchara a guarda fiscal, que contra todo dereito detiña e entregaba todos os escapados galegos ás autoridades españolas.
Cando nos aseguramos de que desaparecera o perigo, pasamos a Bico, onde nos xuntamos cun conveciño meu. Despidome do meu guia e fico, quen sabe por canto tempo, na pátria de Luís de Camões.
Pasada a media tarde ouvimos no camiño un gran revoltallo, a causa da persecución pólos guardiñas dun galego chamada o de Xunqueira, por ser nativo dese pobo. O meu compañeiro e conveciño e mais eu que estamos na casa dunha moi boa mulher chamada Tia Enes, vimonos obrigadosa subir a unha colmaza (recuberta com colmos no canto de tellas) onde o frio nos fixo bater dente com dente. E perseguiron a aquil pobre home para darlle caza e entregalo ás autoridades, producindo este suceso un desgosto xeral, non só entre os galegos, senón tamén entre a poboación castrexa (do Castro Laboreiro).
Unha cousa que me conmoveu xa no primeiro intre, foi o celo ea rapidez destas mulleres para avisar ós refugiados en canto se percataban da pesencia dos gardas. Procederia o pobo galego do mesmo xeito se os portugueses se visen en iguais circunstancias ca nós? En Castro Laboreiro, da cada cen habitantes oitenta son mulleres, pois os homes emigran en massa.
As 11 voume deitar na tan desacreditada cama portuguesa que a min, despois de tantas fatigas do dia, pareceume millor cá da miña casa; coido que os reis fe francia no paso das Tullerias nunca durmiron tan bem coma min esa noite, nunha pobre cama de palla, sem xergón e sem saibanas.
Numa noite celébrase na casa en que habitamos un chamado danzo (baile), no que vexo fermosas raparigas, de sonrosadas meixelas, que só coñecen os pós de arroz e o carmin pólo nome.
Un nacionalista tem de ser por forza un admirador da tradición, por isso eu admiro extasiado como Portugal conserva as suas danzas tradicionais. De todas as danzas que vin esta noite – todas moi lindas- a que mais me gostou foi unha que tiña certa semallanza côa nosa redondiña. Bailouse ó sin dun acordeón, que os portugueses saben tocar tan bem. Os do Norte prefiren o acordeón, mentres que os do Sur prefiren a guitarra. O meu compañeiro bailou todo o que estaba ó seu alcance, a min faltábame a disposición de ánimo necesaria para esas cousas.
No dia 1 de Abril, Paso o día na casa, sen poder botar o pé fóra, por medo á garda fiscal. Quixera ter algún libro para empor o tempo, mais considero pouco menos que imposible o conseguilo neste pobo, onde hai apenas un 10% de xente que saiba ler.
Que ben para Portugal e para a humanidade enteira que o diñeiro que o goberno portugués malgasta na revolución española non o empregue en levar a cultura a istes tristes pobos, onde non hai un médico que cure, nin un mestre que instrúa!... E non digamos das outras tantas cousas necesarias para a vida dos pobos. As estafeta de Correos máis cercana está a 5 quilómetros, e a estrada, a 20. Para os asuntos xudiciais e administrativos, teñen que andar outros 20.
(…)
Paso os primeiros tres dias na casa sem apenas sair á rua, lembrando com fonda saudade á sinxela e e garimosa xente de Castro Laboreiro, que nos poucos días de convivência com ela, me obrigou a un eterno e fraternal recoñecemento. A língua que se fala alí é un intermedio de galego e portugués predominando aquel sobre iste. Os habitantes de Castro viven máis que pobremente, pois debido á gran altura que están sobre o nível do mar, vese unha grande parte do ano asulagados de neve, imposibilitando cáseque toda clase de cultivos, agás o centeo e as patacas, que durante o inverno conservan enterrados nun sitio alto onde poidan escorrer as augas e as neves. Os cultivos hortícolas, escasamente berzas e allos.
Durante os días que alí botei tratei varios extremistas rabudos con quen discutín sobre relixión, moral, política e sobre a liberdade dos pobos oprimidos. En materia de relixión, había na maioría dos casos unha intolerancia e un fanatismo propio dos membros do tribunal da inquisición. Con respecto á liberdade dos pobos asoballados, como Galiza, hai de todo, mais algúns podían subscribir o punto dous do fascismo español que di: “ Todo separatismo es un crimen que no perdonamos””.
Fonte: Arraianos

1 comentário:
Um documento interessantíssimo.
É uma história ainda recente mas jã um pouco esbatida na memória colectiva. É bom haver quem registe estes factos para não se perderem por completo. Na minha terra (Cavenca) viveu um refugiado desse tempo, era o Padre Bernardino, de quem mujito ouvi falar mas sobre quem nada existe, que eu conheça, em termos de preservação de memória futura.
E é pena.
Gostei muito.
Enviar um comentário